Os centros de día da Entidade son servizos sociosanitarios e de apoio familiar que ofrecen unha atención integral, especializada e terapéutica a persoas con demencia, maximizando as súas capacidades residuais e promovendo o mantemento na súa contorna habitual, facilitando un tempo de descanso ao familiar.
En ambos os centros terapéuticos de AFAL Ferrolterra levan a cabo unha serie de terapias coa finalidade de atrasar o máximo tempo posible a evolución da enfermidade. Terapias coas que estimular as capacidades dos usuarios, adaptadas á fase da enfermidade na que se atopen e, sobre todo, que resulten atractivas e gratificantes para eles.
Un equipo de profesionais (terapeutas ocupacionais, fisioterapeutas, logopedas, psicólogos e educadores sociais) guía as sesións, que se suceden ao longo de mañá e tarde. Técnicas e estratexias coas que activar, estimular e adestrar as capacidades e funcións cognitivas dos nosos usuarios a través de diferentes ferramentas. Orientación á realidade, psicoestimulación cognitiva, reminiscencia, gerontogimnasia, novas tecnoloxías, musicoterapia… son moitos e variados os talleres.
Os obxectivos dos Centros de Día en relación coa persoa afectada por unha demencia son:
- Ofrecer terapias de estimulación adecuadas a cada usuario/a que atrasen a evolución da enfermidade o máximo posible.
- Potenciar as capacidades físicas, cognitivas e funcionais dos/as usuarios/as.
- Estimular e adestrar as actividades da vida diaria para manter o maior grao de independencia posible.
- Fomentar as relacións sociais dentro e fóra do centro.
- Evitar o illamento social producido pola perda de capacidades dos/as usuarios/as.
- Realizar actividades que provoquen o aumento da autoestima e autoconfianza.
Con respecto á familia, os Centros de Día perseguen os seguintes obxectivos:
- Manter unha comunicación bidireccional continuada entre a familia e os técnicos do centro sobre a dinámica do mesmo e a evolución do familiar afectado.
- Prestar apoio psicolóxico ás familias que se ocupan do coidado das persoas enfermas.
- Formar aos coidadores-familiares en cuestións específicas relativas a calquera ámbito da enfermidade, así como no adestramento de habilidades para afrontala.
- Asesorar sobre os recursos sociais que puidesen serlles de utilidade e, no seu caso, tramitalos.
A entidade xestiona dous centros de día especializados. En ambos os centros ofértase os seguintes servizos:
- Avaliación e seguimento a nivel cognitivo, social, funcional, psicolóxico e ocupacional.
- Plan de atención individualizado: Terapias de estimulación.
- Apoio nas actividades básicas da vida diaria.
- Servizo de apoio familiar:
- Servizo de orientación, información e asesoramento.
- Programa de intervención psicolóxica:
- Grupos formativos e de axuda mutua para familias
- Apoio psicolóxico individual
- Asesoramento en adaptación da contorna e produtos de apoio.
CENTRO DE DÍA TERAPÉUTICO AFAL FERROLTERRA.
Centro de titularidade da Asociación situado na rúa Río Castro 43-45, baixo, na cidade de Ferrol.
O horario de apertura do centro é desde as 9:00 ata as 19:00 horas, podendo escoller entre xornada completa (8 horas) ou media xornada (4 horas).
De forma opcional, pódese solicitar adicionalmente os seguintes servizos:
- Logopedia individual. (Nº registro sanitario: C-15-002511)
- Fisioterapia individual. (Nº registro sanitario: C-15-002511)
- Servizo de comedor.
- Podoloxía. (Servicio externo con Nº registro sanitario: G-15-001294)
- Salón de peiteado.
- Servizo de transporte.
- Servizo de respiro familiar de sábados.
CENTRO DE DÍA DA REDE PÚBLICA DE ALZHEIMER DA XUNTA DE GALICIA.
Situado na Estrada Alta do Porto, s/n Ferrol, na antiga Casa do Mar da cidade.
Centro de día público xestionado pola Entidade. O horario de apertura do centro é desde as 8:00 ata as 20:00 horas.
De forma opcional, pódese solicitar adicionalmente os seguintes servizos:
- Servizo de transporte adaptado.
- Podoloxía. (Servicio externo con Nº registro sanitario: G-15-001294)
- Salón de peiteado.
- Servizo de comedor.