alzheimerferrolterra@alzheimerferrolterra.com | Río Castro 981 370 692 - 689 221 155 | Casa del mar 981 357 222 - 689 221 156

Select your language

Redes sociales - Síguenos en...

Afal Facebook Afal Twitter Afal Instagram

Desenvolver hábitos saudables e asumir un envellecemento activo non só mellora a nosa saúde e benestar, senón tamén a nosa calidade de vida. Ademais, actúa como un poderoso elemento protector fronte a enfermidades como o Alzhéimer e as demencias. O noso cerebro, do mesmo xeito que o noso corpo, vaise deteriorando co paso do tempo e, por tanto, debemos mantelo estimulado. En AFAL axudámosche a iso a través de diferentes terapias, principalmente cos nosos Talleres de Memoria e os Talleres de Musicoterapia para persoas sas.

Actividades que desenvolvemos en grupo para potencia a socialización dos participantes. Estas actividades están dirixidas a persoas sen deterioración cognitiva maiores de 60 anos.

TALLERES DE MEMORIA PARA PERSOAS SAS:talleres memoria

No marco de programas de promoción do envellecemento activo, os talleres de memoria dirixidos a persoas maiores sen deterioración pretenden fortalecer a memoria e reducir o risco de deterioración cognitiva.

En persoas maiores sen deterioración cognitiva, o adestramento cognitivo céntrase na mellora da memoria e da velocidade de procesamento, pois o envellecemento comporta unha serie de cambios que se manifestan por unha alteración normal da memoria e unha lentitude xeral nas actividades, entre outros. Aínda que se evidencia a existencia dun declive de memoria relacionado coa idade, se adestramos a nosa memoria e utilizamos diferentes estratexias mnemotécnicas, esta pode mellorar de maneira significativa.

levan a cabo na sede da Asociación e en diferentes concellos da comarca de ferrolterra cando así o demandan as corporacións locais.

Obxectivos:

Nos Talleres de Memoria para persoas maiores sen deterioración cognitiva levan a cabo actividades individuais e grupais en formato escrito, oral ou a través de novas tecnoloxías dirixidas a:

  • Estimulación as diferentes funcións cognitivas: atención, memoria, linguaxe, capacidade psicomotriz, cálculo e funcións executivas.
  • Asesoramento sobre técnicas de mellora de memoria.
  • Asesoramento sobre hábitos saudables para un envellecemento activo e saudable.
  • Favorecer a interacción social e posta en marcha de habilidades sociais para fomentar a integración e o mantemento dos nosos maiores na sociedade e evitar o illamento.
  • Realización de actividades e saídas culturais conxuntas para potenciar a súa participación en actividades socio-culturais.
  • Mellorar o seu estado psicolóxico e emocional potenciando capacidades, autoestima e rol na sociedade.

Procedemento

O taller está dirixido e guiado por un profesional técnico (psicólogo, logopeda, educador social, terapeuta ocupacional).

Atópanse organizados en grupos variables cunha media de 10 persoas. Configúrase a intensidade horaria da intervención en función da demanda, normalmente en 2 ou 3 sesións semanais de entre 1 hora e hora e media.

TALLERES DE MUSICOTERAPIA PARA PERSOAS SAS:musicoterapia

Taller no que se combina a música e a animación teatral para crear un espazo onde manifestar sentimentos, emocións ou simplemente, un lugar onde divertirse, e onde, inconscientemente, traballaremos a comunicación, a cooperación, a memoria, a atención, as habilidades sociais, a integración, etc.

A musicoterapia é unha ferramenta terapéutica que se serve da música, os sons e as vibracións para optimizar as canles de comunicación, a aprendizaxe, a memoria, a motricidade e a expresión, desde unha perspectiva preventiva e rehabilitadora, co fin de mellorar a nosa calidade de vida. Tamén fomenta o desenvolvemento da creatividade e satisfai as necesidades físicas, emocionais, sociais e cognitivas do ser humano en todas as etapas da súa existencia.

Beneficios:

  • Cognitivos. A música estimula a memoria a curto e longo prazo e, por tanto, axuda á aprendizaxe, mellora a orientación na realidade, aumenta a capacidade de atención e concentración e mantén ou mellora as habilidades verbais e de comunicación.
  • Físicos. Reforza a estimulación sensorial e mellora a coordinación do sistema neuromotriz. Así, axuda a manter a mobilidade das articulacións e aumenta a forza do músculo. Tamén promove a relaxación, reduce a axitación e diminúe os niveis de ansiedade.
  • A expresión emocional axuda a identificar e compartir sentimentos, aumenta a interacción e comunicación social, reduce e prevén o illamento e mellora as habilidades sociais e a autoestima.

Procedemento

O taller está dirixido e guiado por un profesional técnico (psicólogo, logopeda, educador social, terapeuta ocupacional).

Atópanse organizados en grupos variables cunha media de 10 a 20 persoas.

Xunta de Galicia
Ministerio Sanidad
Ministerio interior
Concello de Ferrol
Concello de Narón
Deputación Coruña
Fagal
Ceafa
Concello de Ares
Concello de Cedeira
Universidade da Coruña
Fundación Barrié
Fundación Roviralta
La Caixa
Concello de Pontedeume
Cabanas Rural - Asociación de mulleres
logo pie
Homologado pola Consellería de Traballo para a impartición de accións formativas
Entidade declarada de Utilidade Pública polo Ministerio do interior
 
fondos europeos next generation afal   plan recuperacion transformacion resilencia afal
 
Centros de día
 
ico ubiacionC/ Río Castro 43-45 Baixo - 15404 - Ferrol (A Coruña) - 981 370 692 - 689 221 155
ico ubiacionCarretera Alta, 14, 15401 - Ferrol (A Coruña) - 981 357 222 - 689 221 156
Contacta connosco
 
ico correoalzheimerferrolterra@alzheimerferrolterra.com Contactar
ico canalCanal de denuncias, fai a túa denuncia aquí Denunciar