A finalidade deste programa é ofrecer unha estimulación temperá ante un diagnóstico precoz co fin de manter as capacidades cognitivas e funcionais das persoas afectadas o maior tempo posible, atrasando a súa deterioración e perda de autonomía. Incidindo así, na mellora da calidade de vida das persoas afectadas e dos seus familiares.
Obxectivos:
- Realizar unha intervención precoz individualizada sobre os primeiros síntomas para atrasar o avance e manter as capacidades cognitivas a maior cantidade de tempo posible.
- Fomentar a autonomía da persoas afectada a maior cantidade de tempo posible.
- Evitar/ reducir síntomas psicolóxicos de malestar asociados á conciencia de enfermidade
- Evitar o illamento e fomentar o mantemento de habilidades sociais mediante a interacción con persoas con capacidades similares.
O programa basee de actividades centrarase nas seguintes áreas de intervención e estimulación:
- ÁREA COGNITIVA: Estimulación e intervención en orientación (persoal, espacial e temporal), linguaxe, cálculo, razoamento, funcións executivas, memoria, gnosis, praxe,…
- ÁREA PSICOMOTRIZ: Exercicios de mantemento psicomotriz, gerontogimnasia, etc.
- ÁREA OCUPACIONAL: Actividades produtivas, actividades lúdicas ou recreativas, Actividades da Vida Diaria.
- ÁREA SOCIAL: Habilidades Sociais.
Trátase dun grupo reducido de 10 persoas con Deterioración Cognitiva Leve ou Demencia en estadios iniciais sen alteracións de conduta activas.
Realízanse actividades nos ámbitos anteriormente citados de forma oral, escrita ou a través de novas tecnoloxías.
O taller está dirixido e guiado por un profesional técnico (psicólogo, educador social, terapeuta ocupacional).