alzheimerferrolterra@alzheimerferrolterra.com | Río Castro 981 370 692 - 689 221 155 | Casa del mar 981 357 222 - 689 221 156

Select your language

Redes sociales - Síguenos en...

Afal Facebook Afal Twitter Afal Instagram

Hoxe en día existen moitas e diversas medidas e produtos para facilitar o coidado dos nosos familiares enfermos de alzhéimer ou outras demencias e, ao mesmo tempo, mellorar a calidade de vida destes e dos seus coidadores. En AFAL impulsamos un programa de adaptación do fogar no que os nosos terapeutas ocupacionais realizan un diagnóstico da vivenda, detectando barreiras arquitectónicas para, posteriormente, expor medidas sinxelas coas que cumprir o obxectivo de máxima seguridade e autonomía persoal. Ademais, poñemos ao dispor das familias o préstamo de produtos de apoio, como camas articuladas, andadores ou cadeiras de brazos xeriátricas.

Aquí tes algúns dos servizos que ofrecemos:asesoramiento en productos de apoyo

  • Programa de adaptación do fogar: medidas sinxelas como incorporar unha barra de agarre á ducha poden supoñer grandes melloras na calidade de vida das persoas con Alzhéimer e tamén dos seus coidadores. Axudarlles neste sentido é un dos obxectivos do programa de Adaptación do Hogar de AFAL Ferrolterra. Iníciase no momento no que os maiores se converten en usuarios dalgún dos servizos xestionados pola asociación, aínda que tamén se presta a calquera familia que desexa asesorarse sobre o tema. Así, nun primeiro momento, o terapeuta ocupacional elabora un informe sobre as barreiras arquitectónicas do fogar, a partir dunha ficha que cobre coas familias. Ademais, ofrécese a posibilidade de realizar unha visita ao domicilio para profundar no estudo. A partir de aí, o equipo de AFAL Ferrolterra asesora aos coidadores sobre aquelas medidas que poden tomar para mellorar a accesibilidade da vivenda, incluídos os produtos de apoio e outros recursos que teñen ao seu alcance.
  • Préstamo de produtos: poñemos ao dispor das familias o préstamo dunha serie de produtos de apoio para o coidado de persoas dependentes en domicilio de forma totalmente gratuíta para os socios da entidade:
    • Cama articulada
    • Colchón antiescaras
    • Baldas e cabeceiros
    • Cadeira de rodas
    • Andadores
    • Cadeira de brazos xeriátrica
    • Salvaescaleiras
Xunta de Galicia
Ministerio Sanidad
Ministerio interior
Concello de Ferrol
Concello de Narón
Deputación Coruña
Fagal
Ceafa
Concello de Ares
Concello de Cedeira
Universidade da Coruña
Fundación Barrié
Fundación Roviralta
La Caixa
Concello de Pontedeume
Cabanas Rural - Asociación de mulleres
logo pie
Homologado pola Consellería de Traballo para a impartición de accións formativas
Entidade declarada de Utilidade Pública polo Ministerio do interior
 
fondos europeos next generation afal   plan recuperacion transformacion resilencia afal
 
Centros de día
 
ico ubiacionC/ Río Castro 43-45 Baixo - 15404 - Ferrol (A Coruña) - 981 370 692 - 689 221 155
ico ubiacionCarretera Alta, 14, 15401 - Ferrol (A Coruña) - 981 357 222 - 689 221 156
Contacta connosco
 
ico correoalzheimerferrolterra@alzheimerferrolterra.com Contactar
ico canalCanal de denuncias, fai a túa denuncia aquí Denunciar