alzheimerferrolterra@alzheimerferrolterra.com | Río Castro 981 370 692 - 689 221 155 | Casa del mar 981 357 222 - 689 221 156

Select your language

Redes sociales - Síguenos en...

Afal Facebook Afal Twitter Afal Instagram

Visita de la concejala de Acción Social de Narón al Centro de Día de Afal

Catalina García interesouse polo día a día da asociación e, xunto ao presidente de Afal, Francisco Pantín, anima ás familias de Narón coidadoras de persoas con demencias a interesarse polas terapias que se ofrecen en Piñeiros

Ferrol, 4 de febreiro de 2020. A concelleira de Acción Social de Narón, Catalina García, visitou a semana pasada o Centro de Día Terapéutico de Afal Ferrolterra (rúa Río Castro, 43-45 baixo Ferrol). Unha visita na que a edila compartiu por unhas horas o día a día da asociación. O presidente de Afal, Francisco Pantín, xunto ao director de administración, José María Otero, dáballe a benvida para, de seguido, iniciar un percorrido polas diferentes dependencias con parada nas salas de terapias, onde os/as usuarios/as estaban a participar, nese momento, en sesións de ximnasia e estimulación cognitiva lúdica.

Ademais, a concelleira mantiña ao remate da visita unha xuntanza de traballo co presidente e o director de administración. Nela, abordáronse os proxectos nos que Concello e asociación colaboran, como o programa de sensibilización nos centros escolares ou as terapias de estimulación cognitiva para persoas afectadas que se levan a cabo cada semana no Centro Cívico Social de Piñeiros para os veciños e veciñas de Narón. Neste último caso, a concelleira animou ás familias a adherirse ao programa, con sesións para as persoas afectadas todos os martes e venres de 11 a 13 horas e custe cero. A inscrición pode formalizarse no Servizo Sociocomunitario de Narón (primeiro andar do consistorio) ou en Afal.

Xunta de Galicia
Ministerio Sanidad
Ministerio interior
Concello de Ferrol
Concello de Narón
Deputación Coruña
Fagal
Ceafa
Concello de Ares
Concello de Cedeira
Universidade da Coruña
Fundación Barrié
Fundación Roviralta
La Caixa
Concello de Pontedeume
Cabanas Rural - Asociación de mulleres
logo pie
Homologado pola Consellería de Traballo para a impartición de accións formativas
Entidade declarada de Utilidade Pública polo Ministerio do interior
 
fondos europeos next generation afal   plan recuperacion transformacion resilencia afal
 
Centros de día
 
ico ubiacionC/ Río Castro 43-45 Baixo - 15404 - Ferrol (A Coruña) - 981 370 692 - 689 221 155
ico ubiacionCarretera Alta, 14, 15401 - Ferrol (A Coruña) - 981 357 222 - 689 221 156
Contacta connosco
 
ico correoalzheimerferrolterra@alzheimerferrolterra.com Contactar
ico canalCanal de denuncias, fai a túa denuncia aquí Denunciar